Evento: Chaves invisibles

  • Cartel Chaves invisibles
Chaves invisibles
domingo, 17 maio, 2026 - 18:00
Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela

Chaves invisibles

Unha viaxe chea de historias, música e imaxinación abre as portas do universo literario de Begoña Caamaño en Chaves invisibles, o espectáculo con música ao vivo de Vero Rilo e Luís Iglesias que nos convida a mergullarnos na palabra da homenaxeada nas Letras Galegas 2026.

A Biblioteca de Galicia acolle esta proposta que convida ao público a facer unha viaxe por historias de fantasía e aventura, con nenas valentes, mulleres sabias, seres mitolóxicos e relatos que atravesan o tempo. A viaxe constrúese da man do libro Bego e o mundo do revés, de Iria Collazo López, e doutros relatos que fan da palabra un espazo de descubrimento constante.

Chaves invisibles é unha festa musical que celebra a lectura como un territorio de liberdade, onde cada historia funciona como unha chave e cada nena ou neno é quen a fai xirar.

Vero Rilo, narradora de contos e historias de vida, combina a tradición oral con música, memoria e unha mirada feminista e comprometida. Luís Iglesias, músico e artista multidisciplinar, achega a creación sonora e a guitarra, cunha ampla traxectoria en proxectos escénicos e culturais. Xuntos dan forma a unha proposta que une narración e música para celebrar o poder das historias compartidas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Monxa Millo Sentinela
19 de xuño
Salón Teatro
Danza 3 | Xacarandaina
4 de xullo
Campo da festa
Os Rizos de Lía
4 de xullo
Espazo Lorenzo Varela
Danza 3 | O Fiadeiro
4 de xullo
Ermida