Evento: Se a terra fora unha laranxa: un paseo a escala polo sistema solar
Se a terra fora unha laranxa: un paseo a escala polo sistema solar
venres, 5 xuño, 2026 - 19:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra Se a terra fora unha laranxa: un paseo a escala polo sistema solar
Nesta conferencia realizaremos un percorrido visual polo Sistema Solar, con localizacións de Pontevedra como referencia. Abordaranse de maneira amena e divertida os aspectos máis sorprendentes dos planetas, os seus tamaños e as distancias que os separan do Sol.
A charla será impartida por José González Coma, profesor e investigador do Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar, acompañado por Andrea García González, pianista, cantante e docente musical
Data e hora: venres 5 de xuño ás 19.00 h.
Público destinatario: infantil, xuvenil e adulto a partir de 10 anos. Non é preciso ter ningún tipo de coñecemento previo.
Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala

