Evento: Historias de muíños e muiñeiros/as na cerna de Galicia
Historias de muíños e muiñeiros/as na cerna de Galicia
Historias de muíños e muiñeiros/as na cerna de Galicia
Presentación do libro de Mª Montserrat Varela Vázquez
Un ensaio que aborda o patrimonio etnográfico dos muíños, tanto no seu aspecto material como, sobre todo, no inmaterial: costumes, tradicións, prácticas dos oficios, folclore e tamén o transcurso do tempo, os cambios sociais e as persoas que traballaban e acudían aos muíños en distintos concellos do interior de Galicia. A obra afonda en todos estes temas a través das palabras de case corenta informantes e as súas historias de vida, complementadas con cantigas, poesías e contos arredor dos muíños.
Editada coa colaboración do Museo do Pobo Galego, a obra recibiu unha mención especial no Premio Vicente Risco 2025.
Martes, 12 de maio, ás 19 horas
Ala Sur. Museo do Pobo Galego

