Evento: Galicia Escena PRO: Mofa&Befa: Os dous de sempre
Galicia Escena PRO: Mofa&Befa: Os dous de sempre
Tres médicos con talento de clown viaxan á cerna das descubertas dun antigo e ilustre colega: Castelao. O rianxeiro conseguira unha fórmula maxistral que unía o humor, o compromiso social e a melancolía. Castelao crea dúas figuras, Pedriño e Rañolas, que se necesitan mutuamente para existir. Un só pensa coa barriga, o outro só se alimenta da esperanza e a carraxe. Parece que o doutor se quere rir destas dúas criaturas, até que descobre que son a súa propia radiografía.
Os tres pallasos, usando o bisturí da ironía e o sarcasmo, devólvenlles a vida aos nenos, vellas, cregos, caciques, feirantes, médicos e garçons, para deixar no público un gusto de revolta e melancolía, que só se cura co humor.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
A PARTIR DE 13 ANOS
TEATRO
99 MINUTOS
FICHA ARTÍSTICA
Autoría: Carme Varela, Quico Cadaval
Dirección: Quico Cadaval
Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Josito Porto
Escenografía: Baltasar Patiño
Iluminación: Baltasar Patiño
Son: Bernardo Martínez
Vestiario: Carlos Alonso
Música: Bernardo Martínez
Dirección de movemento: Marcos Orsi
Xefe técnico: Octavio Mas
Construción escenografía: Kukas, Pepe Quintela
Produción: Rubén G. Pedrero
Información sobre o acceso ao espectáculo na web de Galicia Escena PRO
Máis eventos do ciclo Galicia Escena PRO