Evento: Galicia Escena PRO: Sen patrón

  • sen-patron
Galicia Escena PRO: Sen patrón
martes, 26 maio, 2026 - 18:30
Praza da Quintana,
Santiago de Compostela

Galicia Escena PRO: Sen patrón

Pistacatro Productora de Soños

No mundo dos malabares todo segue un padrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos xiren sen fin. Pero que pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo?

En Sen patrón non hai quen mande, só mans que compiten e obxectos que voan por riba das súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante. Tres cómicos que viven e se moven coma os malabares que controlan, facendo padróns, ciclos que se repiten ata complicarse sen sentido. Entre xogos de poder, equilibrios imposibles e moito humor, descubrirán que a verdadeira maxia non está en quen manda, senón en aprender a xogar xuntos.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

TODOS OS PÚBLICOS

CIRCO, CLOWN

55 MINUTOS

FICHA ARTÍSTICA

Autoría: Pablo Reboleiro, Pistacatro

Dirección: Pablo Reboleiro, Marcos Carballido

Elenco: Aitor Garuz, Santiago Montero, Pablo Reboleiro

Adaptación: Pablo Reboleiro, Marcos Carballido

Tradución: Pistacatro

Escenografía: Pistacatro

Iluminación: Alfonso Medina

Son: Manuel Fonte, Alfonso Medina

Vestiario: Pistacatro

Música: Manuel Fonte

Movemento: Marta Alonso Tejada

Produción: Belém Brandido, José Expósito

Distribución: Belém Brandido, Greta Marí

  • Tráiler 'Sen patrón'

Máis eventos do ciclo Galicia Escena PRO

transparentar
Galicia Escena PRO: Transparentar
25 de maio, 16:30
Centro Galego de Arte Contemporánea - Santiago de Compostela - A Coruña
Diz-me, meu amor
Galicia Escena PRO: Diz-me, meu amor
25 de maio, 18:00
Praza de Mazarelos - Santiago de Compostela - A Coruña
artur-ui-o-ovo-da-serpe
Galicia Escena PRO: Artur Ui, o ovo da serpe
25 de maio, 18:30
Teatro Principal - Santiago de Compostela - A Coruña
benquerer
Galicia Escena PRO: BenQuerer
25 de maio, 20:30
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña