Evento: Galicia Escena PRO: Alén
Galicia Escena PRO: Alén
Alén é unha creación escénica de danza contemporánea executada por catro intérpretes, que nace do desexo de habitar o límite. Explora o “alén” non como un destino, senón como un proceso: o momento no que algo remata, mais o novo aínda non tomou forma. A peza propón unha vivencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dun territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir transformada. A través dunha proposta dancística dinámica e enérxica, as catro intérpretes móvense na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser.
Espectáculo coproducido con Teatro Ensalle, Seattle International Dance Festival, Teatro de Vila Real (Portugal), Auditório Municipal de Macedo de Cavaleiros (Portugal), El Palacio. Residencias Artísticas y Acción Cultural, de Xixón, e os concellos de Lugo, Ames e Carballo.
TODOS OS PÚBLICOS
ARTES DO MOVEMENTO
55 MINUTOS
FICHA ARTÍSTICA
Autoría e dirección: Esther Latorre, Hugo Pereira
Elenco: Esther Latorre, Paula Urquijo / Estefanía Gómez, Xián Martínez, Marc Fernández
Coreografía: Esther Latorre
Iluminación: Xacobo Castro
Vestiario: Adolfo Domínguez
Música: José Pablo Polo
Asistente de ensaio: Estefanía Gómez
Fotografía: Sabela Eiriz
Produción: Hugo Pereira, Colectivo Glovo
Información sobre o acceso ao espectáculo na web de Galicia Escena PRO
Máis eventos do ciclo Galicia Escena PRO