Evento: Galicia Escena PRO: Diz-me, meu amor

  • Diz-me, meu amor
Galicia Escena PRO: Diz-me, meu amor
luns, 25 maio, 2026 - 18:00
Praza de Mazarelos,
Santiago de Compostela

Galicia Escena PRO: Diz-me, meu amor

Raquel Ferradás & María de Vicente

Esta peza é unha homenaxe a todas as formas de amor entre mulleres que se escollen, apoian e celebran mutuamente en liberdade. Un acto de celebración dos lazos que curan, do amor que non esixe, que acompaña, que eleva.

Nun espazo onde o corpo se converte en linguaxe, dúas mulleres atópanse, recoñécense e abrázanse en movemento. A través de xestos sostidos, miradas cruzadas e pasos entrelazados, as intérpretes constrúen un espazo íntimo e poderoso onde o afecto se manifesta en cada apoio mutuo.

TODOS OS PÚBLICOS

DANZA

15 MINUTOS

FICHA ARTÍSTICA

Autoría: Raquel Ferradás, María de Vicente

Dirección: Raquel Ferradás

Elenco: Raquel Ferradás, María de Vicente

 

  • Teaser 'Diz-me, meu amor'

Máis eventos do ciclo Galicia Escena PRO

transparentar
Galicia Escena PRO: Transparentar
25 de maio, 16:30
Centro Galego de Arte Contemporánea - Santiago de Compostela - A Coruña
artur-ui-o-ovo-da-serpe
Galicia Escena PRO: Artur Ui, o ovo da serpe
25 de maio, 18:30
Teatro Principal - Santiago de Compostela - A Coruña
benquerer
Galicia Escena PRO: BenQuerer
25 de maio, 20:30
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña
alen
Galicia Escena PRO: Alén
26 de maio, 16:30
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña