Evento: "Retablo do Esperpento"

  • Retablo do Esperpento
"Retablo do Esperpento"
sábado, 9 maio, 2026 - 20:00
CVC Valladares,
Vigo

"Retablo do Esperpento"

Representación teatral a cargo da compañía NOITEBRAS TEATRO

Sinopse de “Retablo do Esperpento”

Nunha familia de meigas, unha moza resístese ás argucias da súa tía, que en conivencia coa nai, argallan para obter beneficio dos agasallos que un ricacho ofrece a cambio dos favores da virxe. Para reafirmarse na súa liberdade, a moza déixase facer as beiras por un humilde afiador, pero unha noite de luarada, servíndose dos seus poderes de meiga, adiviña como sería o seu futuro e decide facer un lixeiro cambio de plans no seu destino a través dunha ligazón. Isto é, dun pacto de sangue.

Noitebras Teatro adéntrase no universo de Valle-Inclán e adapta dúas das súas obras: “Ligazón” e “Rosa de Papel”, incluídas no “Retablo da Luxuria, a Avaricia e a Morte”, fundíndoas nunha única peza teatral: “Retablo do Esperpento”.

Valle-Inclán escribiu: “Quen sabe do pasado sabe do porvir”. E nós, atrevémonos a engadir: “As decisións do presente mudan o futuro”. Ou acaso somos incapaces de burlar o noso fado?

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Mitos, lendas e cantigas. Homenaxe a Begoña Caamaño
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
21 de maio
Espazo Sociocultural da Rúa Camilo José Cela