Evento: Miguel Miguel - ¡Acojonado!
Miguel Miguel - ¡Acojonado!
Miguel Miguel - ¡Acojonado!
Miguel Miguel presenta o seu novo espectáculo /¡Acojonado!/, unha
proposta de humor na que recolle experiencias persoais vividas ao longo dos
anos e as conecta co momento actual e co que supón enfrontarse á vid...
Miguel Miguel presenta o seu novo espectáculo ¡Acojonado!, unha proposta de humor na que recolle experiencias persoais vividas ao longo dos anos e as conecta co momento actual e co que supón enfrontarse á vida despois dos corenta. Cun estilo directo e cómico, o show fala da mala sorte, dos problemas cotiáns antes e agora, e da maneira de sobrevivir ás etapas da vida, mesmo sendo o pequeno de catro irmáns, o que el describe como “sobrevivir como un ñu cruzando o Amazonas”. Un espectáculo que mestura humor, risas, chistes e tamén maxia nun mesmo formato escénico.



