Evento: Programa 5 | Coleccións do alleo

Programa 5 | Coleccións do alleo
sábado, 23 maio, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Programa 5 | Coleccións do alleo

Pastinaca Videotapes Plantation, Lincoln Péricles, Lluís Galter, Jeppe Lange, 2014-2025

TEN tapes

Pastinaca Videotapes Plantation, Hong Kong, 2024

23 min, DCP, chinés, VOSE

Filme dos Outros

Lincoln Péricles, Brasil, 2014

20 min, DCP, portugués, VOSE

Ohio Sonata

Lluís Galter, España, 2025

16 min, DCP, inglés, VOSE

Abyss

Jeppe Lange, Dinamarca, 2022

13 min, DCP, inglés, VOSE

Contido sexual explícito

 

O fetichismo de coleccionar imaxes. De todas as épocas e formatos. Achalas, salvagardalas, ordenalas, rebuldar con elas, mesmo recrealas. A fascinación por comprendelas, para atoparlles un sentido, se é que existe. O colectivo Pastinaca Videotapes Plantation sacou á luz nos últimos anos un fértil e misterioso arquivo de VHS caseiros do cal TEN Tapes é unha mostra de dez cintas, talvez azarosas. Lincoln Péricles Jr. afonda na representación das marxes sociais no seu país expoñendo en Filme dous Outros unha serie de clips de teléfonos móbiles, roubados, para comprender que filma o cidadán común. Lluís Galter xoga coa impostura dos paquetes de imaxes de stock para compoñer unha divertida relectura dos seus usos comerciais a través dun peculiar culebrón titulado Ohio Sonata. Jeppe Lange asómanos en Abyss a unha veloz e extraordinaria correlación de máis de dez mil imaxes cuxas asociacións non foron creadas por un humano senón pola intelixencia dos motores de busca.

Máis eventos do ciclo Permanencia do efémero

Programa 1 | Homo e-sapiens
5 de maio, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Programa 2 | A infinita festa final
7 de maio, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Programa 3 | Colectivo NEOZOON : «navegar, observar, reeditar»
12 de maio, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Programa 4 | (Im)perfectas ópticas da representación
19 de maio, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña