Evento: Redescubrindo Ourense. Esculturas e murais
Redescubrindo Ourense. Esculturas e murais
Redescubrindo Ourense. Esculturas e murais
Roteiro guiado con Xeitura
Dicíase que Ourense era a Atenas galega, coa súa arquitectura, o grupo Nós, os Artistiñas ... Desa Atenas aínda fica moito.
Neste percorrido descubriremos algúns elementos artísticos, nen todos coñecidos, e algúns totalmente desapercibidos por nós, viandantes dun día a día en que o tempo non nos permite parar a velos.
O punto de encontro: Ponte romana (diante dos Salesianos)
Saída ás 11.30h
As prazas son limitadas polo que é necesario facer a inscrición previa dende o venres anterior a actividade ben presencialamente ou chamando aos números de teléfono : 988 788385 /386



