Evento: Somos os monstros

  • somos-os-monstros
Somos os monstros
venres, 22 maio, 2026 - 18:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Somos os monstros

Unha coprodución do Centro Dramático Galego e Berrobambán

Cun bosque queimado e casas en ruínas como escenario, dous irmáns —unha nena e un neno— saen xogar ao anoitecer. Como nos mellores contos, pérdense e cae a noite. Nas sombras, onde non se ve nada, viven os monstros. E por moitas luces que se acendan, sempre hai sombras.

Baseado nun texto homónimo de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática de 2023 e gañador do X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil de Galicia.

O bosque non está exclusivamente relacionado co perigo, tamén pode ser refuxio ante as ameazas, un lugar no que agocharse e permanecer oculto.

Un bosque queimado, casas en ruínas.
Dous irmáns, unha nena e un neno, saen xogar cando comeza a escurecer,
no luscofusco.

Como ocorre nos mellores contos, pérdense e faise de noite.

Aí, nas sombras, onde non podes velo todo, viven os monstros.
E sabes unha cousa? Por moitas luces que acendas,
sempre hai sombras.

 

FICHA ARTÍSTICA

Texto e Dramaturxia: Paula Carballeira

Dirección: Magda Labarga

Elenco: Manu Estévez (España), Areta Bolado (España), Emma Vallejo (España), Juliana Campos (Portugal), Tony Weaver (Portugal).

Escenografía: Montse Piñeiro

Vestiario: Kifi Lab

Música: Brais Iriarte

Iluminación: Nuno Samora

 

ACCESIBILIDADE

Somos os monstros é un espectáculo teatral inclusivo e accesible, dirixido a maiores de 12 anos. A mellor maneira para construír unha narrativa chea de potencia ética e estética, capaz de reflectir a nosa diversidade de identidades e a pluralidade de mundos existentes, é a través da accesibilidade, é dicir, creando unha proposta accesible e inclusiva. Por iso, o noso elenco é diverso: diversidade de corpos, identidades e idiomas. En escéna fálase galego, portugues, LSE e LGP.

Paula Carballeira, a autora, elaborou un texto con punto de vista para a audiodescrición. Unha voz en off poética conta o que acontece en escena e fai accesible o que sucede para as persoas con discapacidade visual.

Ademais de contar con dúas persoas xordas no elenco, empregaremos sobretítulos adaptados, coa transcrición dos diálogos, a identificación de personaxes mediante cores, información de sons e entoación dos diálogos.

O público con discapacidade visual tamén terá a posibilidade de facer visitas táctiles ou touch tours previos á función para que poidan tocar os elementos da obra de teatro, recibir unha audiodescrición complementaria do vestiario e a utilería, percorrer a escenografía e interactuar co elenco.

 

Entradas á venda na web de ataquilla

 

 

Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
21 de maio
Espazo Sociocultural da Rúa Camilo José Cela
Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
22 de maio
Refectorio do Mosteiro
Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
24 de maio
Capela do Centro Cultural Torrente Ballester