Evento: XIX Premio Novela Europea Casino de Santiago

  • Imaxe
XIX Premio Novela Europea Casino de Santiago
mércores, 1 abril, 2026 a xoves, 4 xuño, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

XIX Premio Novela Europea Casino de Santiago

Mostra bibliográfica

Un ano máis colaboramos coa promoción e votación do Premio Novela Europea Casino de Santiago, que ten por obxectivo promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo á cidadanía da cidade de Santiago de Compostela, así como doutras cidades europeas significativas, en xurado dun premio literario.

Estas son as cinco novelas finalistas desta XIX edición:
 

• A noite das cebolas, de Rosa Aneiros (Edicións Xerais)

• La península de las casas vacías, de David Uclés (Siruela)

• El cantar del profeta, de Paul Lynch (Alfaguara)

• Desertar, de Mathias Enard (Literatura Random House)

• Una familia moderna, de Helga Flatland (Nórdica)
 

Varios exemplares de cada unha das novelas finalistas desta edición están dispoñibles para préstamo no segundo andar da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés