Evento: Mitos, lendas e cantigas: homenaxe a Begoña Caamaño

Mitos, lendas e cantigas: homenaxe a Begoña Caamaño
sábado, 9 maio, 2026 - 12:00
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Mitos, lendas e cantigas: homenaxe a Begoña Caamaño

Celebramos as Letras Galegas con Servando Barreiro

Mitos, lendas e cantigas é un espectáculo de narración oral e música en directo inspirado na obra de Begoña Caamaño, que revisita a mitoloxía clásica desde unha perspectiva feminina. 

A través de romances, cantigas e palabra contada, recupera figuras como Circe, Penélope ou Morgana, poñendo en valor o papel das mulleres no mito e na tradición oral. 

Unha proposta para público familiar que combina, patrimonio, creación contemporánea e igualdade. 

Duración: 45 minutos

Público familiar ( a partir de 4 anos) 

Para asistir a actividade é necesario facer a inscrición previa dende o luns 4 de maio (venres 1 é festivo) ben presencialmente ben chamando aos números de teléfono :  988 788 385/386

Máis eventos do ciclo Día das letras galegas

Cartel
Gran Xogo sobre as Letras Galegas
11 de maio, 10:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Imaxe
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Mitos, lendas e cantigas. Homenaxe a Begoña Caamaño
15 de maio, 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Begoña Caamaño. Polo Correo do Vento
16 de maio, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña