Evento: Aventura da mirada

Aventura da mirada
xoves, 9 abril, 2026 a xoves, 28 maio, 2026
Rúa do Cardeal Payá, 9,
Santiago de Compostela

Aventura da mirada

A Galería LUISA PITA inaugura o próximo 9 de abril a exposición *Aventura da mirada* de Antón Patiño, que reúne 17 pinturas sobre tela realizadas entre 2023 e 2026. A mostra ofrece unha visión actual do seu tra...

A Galería LUISA PITA inaugura o próximo 9 de abril a exposición Aventura da mirada de Antón Patiño, que reúne 17 pinturas sobre tela realizadas entre 2023 e 2026. A mostra ofrece unha visión actual do seu traballo, no que continúa a súa investigación arredor do xesto, a materia e a construcción do espazo pictórico.
O título da exposición suxire un percorrido aberto en torno á percepción, onde a mirada non só observa, senón que se despraza, constrúe e activa o sentido da pintura.
Neste conxunto de obras, a pintura preséntase como un campo activo no que conviven enerxía xestual e estrutura. As teas articulan composicións dinámicas nas que a cor, lonxe dunha función meramente descritiva, actúa como elemento xerador de ritmo e espazo. A obra de Patiño sitúase así nun territorio onde o orgánico e o constructivo se relacionan en constante tensión.
A exposición inaugúrase nun momento especialmente relevante, coincidindo practicamente coa clausura da súa recente mostra Auga e Soño no Palexco (A Coruña), o que permite establecer un diálogo entre ambos proxectos e reforzar a visibilidade da súa produción máis recente.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona