Evento: Máster class Guillermo Galoe: 'As sombras vestían de lume'
Máster class Guillermo Galoe: 'As sombras vestían de lume'
Na masterclass exploraremos o proxecto que hai detrás de ‘Ciudad sin sueño’: seis anos de activación cultural no territorio da Cañada Real, a través do cine. Abordaremos a construción dos vínculos cunha comunidade nas marxes máis extremas da sociedade, así como a realización de talleres de cine con nenos, nenas e adolescentes, a creación da curtametraxe ‘Aunque es de noche’, os procesos de casting e ensaios desde unha perspectiva participativa, e a evolución cara a unha longametraxe onde o íntimo e o político se entrelazan para propoñer realidades alternativas. Un proxecto de axitación, estimulación e reflexión colectiva no que o cine tende pontes entre a periferia e o centro, tanto desde a forma como desde o seu proceso de fabricación, e co poético como compás.
Máis eventos do ciclo Guillermo Galoe