Evento: Criaturas
Criaturas
Criaturas
O medo máis antigo da humanidade é o medo ao descoñecido. Din que Prometeo
roubou o lume aos deuses, e que desde entón arde en nós o desexo de crear.
Mais toda creación leva consigo a sombra do erro. Como intuí...
O medo máis antigo da humanidade é o medo ao descoñecido. Din que Prometeo roubou o lume aos deuses, e que desde entón arde en nós o desexo de crear. Mais toda creación leva consigo a sombra do erro. Como intuía Aristóteles: o monstro é o que se afasta da esencia, o que rompe a orde natural das cousas. Criaturas nace desa fenda, desa chispa prometeica que nos empurra a inventar, modificar, mellorar… ata perder de vista o que nos fai humanos.
+14 anos



