Evento: Improversións: A propósito de William

  • A propósito de William
Improversións: A propósito de William
domingo, 5 abril, 2026 - 20:30
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Improversións: A propósito de William

Centro Dramático Galego e Improversados

Sobrevivir a unha matanza é duro, pero moito máis se despois che toca contala. Os cómicos de Hamlet e o pobre Horacio saen de Elsinore co trauma no corpo e a necesidade de atopar un novo traballo facendo o que mellor saben facer: encarnar as historias tal e como as tería escrito o seu finado dramaturgo, un tal William, que quedou na corte co resto dos cadáveres. Víctor Castro, Antía Vidal e Diego Salgado improvisan historias no estilo de Shakespeare coa súa característica esencia musical, como estaba escrito no destino dos Improversados. Algo cheira a impro en Dinamarca.

 

Ficha artística:

Autoría: Compañía Improversados

Elenco: Víctor Castro, Antía Vidal, Diego Salgado  

 

Entradas á venda en ataquilla

Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Extra!
4 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia