Evento: Contiario

  • Imaxe
Contiario
sábado, 25 abril, 2026 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Contiario

Espectáculo da man de Os contos de Pablísimo

Celebramos o Día do Libro con este espectáculo. No Contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, monovocalismos, contos de canción. Ti escoita e cando conte contos conta cantos contos conto. Esta sesión amosa a grande variedade, orixinalidade e riqueza da tradición oral e da literatura infantil.

No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos do ciclo Día do libro

Imaxe
30 anos con Concha
23 de abril, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña