Evento: Contos de peto

  • Imaxe
Contos de peto
sábado, 11 abril, 2026 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Contos de peto

Contacontos da man de Bea Iglesias

Un peto é un sitio ideal para gardar de todo. Neles van parar as cousas que acompañan o día: unha pedra bonita do camiño, un papel cun debuxo, unha chave que abre portas coñecidas, unha canica que brilla ao sol. Ás veces, gardan silencios, pensamentos pequenos ou segredos que non queremos que se perdan polo vento.

Co paso do tempo, todas esas cousas comezan a falar entre elas. A pedra lembra o camiño, o debuxo inventa personaxes, a chave abre portas que antes non estaban. Sen decatarnos, dentro do peto empezan a nacer historias que medran ata converterse en contos. Contos que buscan un buraquiño por onde escapar e facer trasnadas. Así que ten coidado, vai amodo, abre as orelliñas e presta atención, que o conto xa empezou.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Mitos, lendas e cantigas. Homenaxe a Begoña Caamaño
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
21 de maio
Espazo Sociocultural da Rúa Camilo José Cela