Evento: Atención plena

Atención plena
xoves, 12 marzo, 2026 a domingo, 17 maio, 2026
Praza do Toural 8,
Santiago de Compostela

Atención plena

Esta mostra interdisciplinar combina vídeo, performance, fotografía e debuxo para reflexionar sobre a identidade e a existencia. Inclúe dúas obras inéditas: /Nos límites da corporalidade/, que aborda a relación...

A exposición ATENCIÓN PLENA do artista Félix Fernández, comisariada por Eduardo Valiña, poderá visitarse na Fundación Eugenio Granell ata o 17 de maio. Esta mostra interdisciplinar combina vídeo, performance, fotografía e debuxo para reflexionar sobre a identidade e a existencia. Inclúe dúas obras inéditas: Nos límites da corporalidade, que aborda a relación entre corpo e identidade nun contexto social dixitalizado, e Impermanencia, que explora a identidade líquida e a pertenza social mediante fotografía, animación 3D e referencias culturais. A exposición complétase con debuxos e fotografías que amplían o seu contido.
 
 

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés