Evento: Atención plena
Atención plena
xoves, 12 marzo, 2026 a domingo, 17 maio, 2026
Praza do Toural 8,
Santiago de Compostela Atención plena
Esta mostra interdisciplinar combina vídeo, performance, fotografía e
debuxo para reflexionar sobre a identidade e a existencia. Inclúe dúas
obras inéditas: /Nos límites da corporalidade/, que aborda a relación...
A exposición ATENCIÓN PLENA do artista Félix Fernández, comisariada por Eduardo Valiña, poderá visitarse na Fundación Eugenio Granell ata o 17 de maio. Esta mostra interdisciplinar combina vídeo, performance, fotografía e debuxo para reflexionar sobre a identidade e a existencia. Inclúe dúas obras inéditas: Nos límites da corporalidade, que aborda a relación entre corpo e identidade nun contexto social dixitalizado, e Impermanencia, que explora a identidade líquida e a pertenza social mediante fotografía, animación 3D e referencias culturais. A exposición complétase con debuxos e fotografías que amplían o seu contido.
Máis eventos de tipo Exposición



