Evento: Blue Moon

Blue Moon
xoves, 26 marzo, 2026 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Blue Moon

Richard Linklater, 2025

Segundo biopic atípico de Linklater no mesmo ano, centrado na figura do letrista Lorenz Hart, creador de temas como My Funny Valentine ou o Blue Moon do título, convertidos en clásicos do cancioneiro popular norteamericano. É a noite do 31 de marzo de 1943. Mentres o seu excompañeiro Richard Rodgers goza da gala de estrea do seu musical Oklahoma!, un Hart abatido, que se sente fóra de onda e irrelevante no artístico, acode antes de que remate o espectáculo ao bar Sardi’s, onde se celebrará a festa da premiere. Alí comparte penas co seu colega camareiro (Bobby Cannavale) e co escritor E.B. White (Patrick Kennedy), quen casualmente se atopa nunha das mesas, mentres agarda por unha misteriosa muller de 20 anos coa que está obsesionado (Margaret Qualley). Se Nouvelle Vague fai un uso excelso de exteriores, Linklater opta aquí por unha única localización interior para un estudo de personaxe máis intimista e introspectivo. Á cabeza dun elenco grandioso, un Ethan Hawke nomeado ao Oscar, xunto ao autor do libreto, Robert Kaplow.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Fóra de serie

Al final de la escapada
4 de marzo, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Breathless
5 de marzo, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Nouvelle Vague
17 de marzo, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Nouvelle Vague
18 de marzo, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña