Evento: Manuel Antonio + O aparecido
Manuel Antonio + O aparecido
Manuel Antonio (J.A. Jiménez, 1981) 36 min.
“Esta película vai relatar os feitos históricos acontecidos na etapa estudantil do poeta Manuel Antonio, desde o xuramento de fe galeguista até a súa morte, co chamado manifesto ‘A mocidade galega’, segundo ensaio de Domingo García-Sabell, que comenza así: “Calado, entrevisto, cos ollos moi abertos e o sorriso contido. Algo había nele que inspiraba confianza e afecto. Semellaba, ele tan novo, moi madurecido por dentro. Cando rachaba a falar, era unha fervenza. Carteábase con todo o mundo, era de cativeira saúde. Aos 20 anos xa a tuberculosis pulmonar o tiña gadoupado. Cuspía sangue e inspiraba piedade, e medo; pois sabíamos que iba durar pouco. Tan só 30 anos”. A escasa obra que deixou publicada abondou para convertelo na personalidade máis réxea da poesía galega en todo o que vai andado do século XX”. – J.A. Jiménez, na voz en off que abre a fita.
O aparecido (J.A. Jiménez, Fran Naveira, 2023) 75 minutos
Un documental que ten como base a curta de ficción realizada en Super 8 en 1981 sobre a figura de Manuel Antonio. Esta curta foi promovida polo movemento artístico teatral neses tempos en A Coruña.
Máis eventos do ciclo O cine e o teatro en Galicia: a presenza de Tespis (unha aproximación)