Evento: Sesión 1. Etnografías urbanas

Sesión 1. Etnografías urbanas
martes, 10 marzo, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Sesión 1. Etnografías urbanas

Tini de Andrés, Xisela Franco, 1972-2010

Bowery NY (Tini de Andrés, 1972, 3 min)

Película realizada sobre a cidade de Nova Iorque, concretamente no barrio de Bowery. Unha sinfonía da cidade moi curiosa na que hai dous modos de entendela. Por un lado a cineasta é consciente do retrato crítico da cidade desde o chan ao ceo, desmontando o soño americano. E a outra perspectiva é que está feita ao azar cunha virtuosa montaxe de cámara, deixándose levar polas pulsións do subconsciente. Independentemente das súas intencións, atopámonos diante dunha obra mestra. (Proxecto Socheo)

Anima Urbis (Xisela Franco, 2010, 68 min)

Anima Urbis é unha exploración da vida cotiá nunha cidade posmoderna a través da mirada crítica dunha española. Nos seu paseos a modo de flâneuse, deambulando pola cidade de Toronto e os seus espazos públicos, pero tamén no proceso creativo despregado no seu apartamento, onde está frustrada no proceso de montaxe; a mirada observacional dunha estranxeira en Canadá combínase con confesións líricas e imaxes e conversas familiares da súa casa natal en Galicia.

O enorme arquivo posible na era dixital converte a súa casa de Toronto nunha cova onde as sombras se proxectan nas paredes, neste documental experimental etnográfico (etnografía urbana e auto-etnografía) que ofrece a mirada confesiva dunha muller de trinta anos que se aproxima á vida cotiá a través da súa propia dicotomía entre o filosofía e a poesía, a razón e os sentidos.

Sesión 2. Identidades e memoria no capitalismo
11 de marzo, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Sesión 3. Subalternidade histórica, traballo e xénero
12 de marzo, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Sesión 4. Comunicacións na diáspora, interxeracións
13 de marzo, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña