Evento: Hamlet

  • Hamlet
Hamlet
domingo, 12 abril, 2026 - 18:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Hamlet

Unha produción do Centro Dramático Galego

O Centro Dramático Galego presenta HAMLET cunha produción propia de gran formato dirixida por Tito Asorey, quen asina xunto a Vanesa Sotelo a versión galega do clásico de Shakespeare cun elenco de 16 actores e actrices sobre as táboas.

Publicada en 1603, a traxedia do príncipe de Dinamarca —marcada pola vinganza, a traizón e o remorso— preséntase aquí situada na contemporaneidade, 20 anos despois da súa última montaxe en galego. Hamlet enfróntase á morte do pai, á precipitada voda da nai co seu tío e á revelación da pantasma que lle esixe vinganza. Mais o maior conflito non será externo, senón interior: a súa conciencia, que o paraliza nun mundo moralmente corrompido.

O novo espectáculo dialoga cos dilemas da sociedade actual, interpelándonos como habitantes da era das intelixencias artificiais, para reivindicar a necesidade de recuperar a humanidade.

"Este Hamlet non é só unha obra de teatro, é un acontecemento cultural", afirma Asorey, quen salienta a dimensión colectiva dun proceso creativo que devolve vida e presente ás palabras do bardo inglés desde os nosos días.

 

Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey

Dirección: Tito Asorey

Ficha artística

Texto orixinal: William Shakespeare
Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey
Dirección: Tito Asorey
Elenco: Sergio Abelaira, Cristina Andrade, Belén Constenla, Raquel Espada, Isabel Garrido, César Goldi, Alejandro Jato, Marita Martínez, Iolanda Muíños, Anxo Outumuro, Pedro Placer, Adrián Ríos, Machi Salgado, Toni Salgado, Inés Salvado Gontad, Sergio Zearreta
Escenografía: Carlos Alonso
Iluminación: Laura Iturralde
Vestiario: Saturna
Espazo sonoro: Xavier Bértolo
Maquillaxe e caracterización: Lorena Calvo
Movemento escénico e coreografía: Rut Balbís
Loita escénica: Xosé Piñeiro
Asistencia de texto: Melania Cruz
Asesoramento lingüístico: Rosa Moledo
Axudante de dirección: Sara Rey

Entradas á venda en ataquilla

Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

Universo Verso
21 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia