Evento: Actuación da Tuna da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela
Actuación da Tuna da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela
Quere o teu mercado (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets.
No seo da campaña internacional promovida desde a Xunta de Galicia, en colaboración cos concellos e os propios mercados, co obxectivo de destacar o papel dinamizador dos mercados amén de potenciar a compra de produtos locais e de tempada e contribuir a destacar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.
As celebracións extenderánse durante a segunda quincena de maio nos distintos mercados participantes e con distintas iniciativas.
A Tuna de Dereito de Santiago de Compostela nace fai case 30 anos no seo da Facultade de Dereito da USC. Esta agrupación de universitarios recolle no seu repertorio non só as típicas cancións de estudantinas, se non que, grazas ás súas múltiples viaxes, tanto pola vella Europa como por América, chega a incluir no seu repertorio pezas de multitude de países e de multitude de xéneros. Do mesmo xeito tamén fan un repaso por temas de distintas épocas.
Máis eventos de tipo Concerto


