Evento: Iribarne

  • Iribarne
Iribarne
domingo, 8 febreiro, 2026 - 18:00
Casa da cultura de Bertamiráns,
Ames
Espectáculo teatral a cargo da compañía ButacaZero

IRIBARNE é un tipo nado na mesmísima vila de Rouco Varela (si: o cardeal) durante a Monarquía de Alfonso XIII (o primeiro promotor do cine porno en España?, si-si: ese). Emigrado a Cuba con tan só un aniño -coincidindo coa inauguración da ditadura de Primo de Rivera- tras facer as Américas durante un par de anos o noso protagonista volve triunfante para ser o fillo do alcalde (e o da francesa!). Empeza o bacharel coa entrada da II República, case-case se fai cura durante a Guerra Civil pero decide liscar a Madrid -seguindo o rastro doutro galego ilustre- nada máis inaugurada a Era do Devandito (si, claro: O Caudillísimo). Con tanto afán tentou ser como o que máis pronto que tarde chegou a ser Ministro no seu mandato, a pesar de ter disparado dous días antes contra o cu da súa filla (pero que dis!? Si-si: dato real!). Sendo o primeiro e mellor opositor de España, quixo substituír ao Caudillo cando este morreu. Non puido ser: non ía por oposición. Tivo que conformarse co cargo de Vicerrei na súa querida Terra Galega.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Se as árbores falasen
4 de xuño, 18:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Los dos hidalgos de Verona 
5 de xuño, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
O autoestopista intergaláctico
6 de xuño, 16:45
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense
Costureiriña bonita
6 de xuño, 19:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra