Evento: Peza do mes: Letras capitulares
Peza do mes: Letras capitulares
A presentación pública terá lugar o 14 de xaneiro, mércores ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.
Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo documental) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.
Trátase dun dos conxuntos de letras capitulares recortadas dos seus contextos orixinais. Os recortes de letras capitulares que hoxe se conservan no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense proceden de libros monásticos dos séculos XVI e XVII. Estas letras, realizadas con gran calidade técnica e seguindo modelos coñecidos, permiten ver as tintas e cores empregados, e tantar de reconstruír parcialmente libros hoxe desaparecidos.
Os recortes proveñen dos restos recuperados do gran incendio da Biblioteca Provincial de Ourense en 1927, que destruíu a maior parte dos seus fondos. Aínda que a práctica é necesariamente polémica, estas mutilacións deben entenderse como un intento de salvamento, nun contexto devastador e con ausencia de técnicas modernas de conservación.
A publicación virtual sobre esta obra está dispoñible nesta ligazón do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, onde se pode afondar sobre as características das letras e no contexto histórico que deu lugar á súa perda é, á súa vez, á súa recuperación, nun estudio a cargo, neste caso, da técnica Eva María Tobal Oubiña.

