Evento: Concerto Galego de Aninovo

Concerto Galego de Aninovo
venres, 2 xaneiro, 2026 - 20:00
Circo de artesáns - Rúa San Andrés, 36,
A Coruña

Concerto Galego de Aninovo

Co Grupo Vocal EntrElas e o Trío Contrastes.

O evento é unha simbiose da lingua e música galega coa tradición musical europea. Xunta os cantares galegos de Nadal, harmonizados para coro feminino, e a música de cámara de carácter centroeuropeo, asociada ao inicio do ano.

Celebraremos así o Aninovo cun repertorio principal de panxoliñas en galego, interpretadas polo Grupo Vocal EntrElas na primeira parte e, na segunda parte, o Trío Contrastes (Dominika Malec - violín, Ruslana Prokopenko - chelo, e Wladimir Rosinskij - viola con Dasha Rosinskij ao piano) interpretarán un repertorio camerístico, destacando unha obra do compositor galego, afincado en Nova York, Octavio Vázquez.

Descargas

Máis eventos de tipo Concerto

Rebovina Divas Live
11 de agosto
Praza de España
soulroll
Soul&Roll 
12 de agosto
Santamariña
Del jazzmín al jazz
12 de agosto
Auditorio Baldomero Cores
Monoulious DOP
12 de agosto
Ermida de San Bartolomeu