Evento: A Raia + Où est la jungle?

A Raia + Où est la jungle?
venres, 9 xaneiro, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

A Raia + Où est la jungle?

Iván Castiñeiras, 2012-2015

Proxección das curtas de Iván Castiñeiras A Raia e Où est la jungle?

A RAIA

Na fronteira entre Galicia e Portugal, Pepe e Fernando traballaron xuntos preto de vinte anos. Cando a fronteira deixou de existir, nunca máis volveron atoparse. Primeira peza dirixida polo camarógrafo galego Iván Castiñeiras, unha fermosa aproximación á raia presente en Doclisboa 2012 e L' Alternativa 2013.

OÙ EST LA JUNGLE?

Deolindo e Stevenson tentan atopar o seu lugar no medio da selva. Ao longo do seu camiño, seremos testemuñas da transformación dun territorio no que, a cada momento, o presente e o pasado se confunden, nunha loita que convida á reflexión entre a modernidade e a tradición. Cales son os segredos da selva? Onde están os seus límites?

Deuses de Pedra
8 de xaneiro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Trajectory Drift + Path of Shadows
10 de xaneiro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña