Evento: Sesión de curtametraxes galegas

Sesión de curtametraxes galegas
mércores, 3 decembro, 2025 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Sesión de curtametraxes galegas

VV.AA., 2008-2022

Escolma de curtametraxes que amosan a diversidade e a riqueza do cinema galego en formato curto producido en paralelo á evolución de A Cuarta Parede. A selección inclúe Paris #1 (2008), de Óliver Laxe, unha peza seminal que precedeu a creación desta cabeceira e simboliza a transición cara ao Novo Cinema Galego; Montaña en sombra (2012), de Lois Patiño, cuxos primeiros traballos contribuíron a abrir novas formas de mirar e narrar Galicia; Montañas ardientes que vomitan fuego (2016), da dupla de realizadores Helena Girón e Samuel Delgado, responsables dunha das filmografías experimentais máis sólidas e estimulantes da cinematografía galega, así como propostas máis recentes de autoras como Antía Carreira, con Formigón (2021), e Marta Valverde, con 30’ 70 60 120’ (2022), que continúan ampliando os límites do cinema contemporáneo galego e dando voz ás preocupacións das xeracións Z e millennial. Esta selección permite trazar unha liña temporal que ilustra a evolución estilística, narrativa e conceptual do cinema galego ao longo destes quince anos. A sesión estará moderada por Jesús Silva, director de A Cuarta Parede, e contará coa participación de varias das cineastas programadas.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Manuel Antonio + O aparecido
25 de marzo
Filmoteca de Galicia
El soldado americano
25 de marzo
Filmoteca de Galicia
El soldado americano
26 de marzo
Filmoteca de Galicia
Blue Moon
26 de marzo
Filmoteca de Galicia