Evento: Dálle Xogo

Dálle Xogo
venres, 21 novembro, 2025 a sábado, 22 novembro, 2025
Área Central,
Santiago de Compostela

Dálle Xogo

Festival familiar de xogos de mesa e ocio sen pantallas

O centro comercial Área Central será o escenario, neste mes de novembro, da I Edición
do Festival D​álle Xogo, un evento dedicado integramente ao mundo dos xogos de mesa e o
​ocio sen pantallas. O festival reunirá a editoriais, creadores, divulgadores i entidades locais
nun espazo aberto a todas as idades, pensado para gozar, aprender e compartir ao redor do
xogo de mesa.

Durante dous días, o público poderá gozar de espazos de xogo libre, torneos, charlas, unha
zona de editoriais de xogos de mesa galegas, zona de editoriais nacionais e protoptipos,
que poñerá en valor o talento e a creación lúdica local e nacional. O Festival terá a honra de
rematar cun concerto familiar gracias ao Centro Xove da Almáciga poñendo en valor o
talento xove musical e creativo local.

O evento contará co apoio institucional da Concellaría de Mocidade do Concello de
Santiago. Coa participación de editoriais galegas como Perfect – Un Juego de Mierda,
Ludice Games ou Lalalá editorial, Crecer Creando, xunto a outras marcas convidadas do
panorama local e nacional. Nas zonas de demostración e xogo libre poderánse probar
títulos de recoñecidas editoriais e distribuidoras como Mercurio, Diset, Top Toys, Asmodee,
Old Teddys, Rey Mono, Brain Picnic, Upple Games ou Cayro entre moitas outras.

Adem​áis, o festival contará coa colaboración e presenza de entidades locais vinculadas á
educación, a inclusión e o lecer educativo, como Latento Servio Integral Altas Capacidades,
Espazo de Lecer Miramontes ou Down Compostela, que achegarán as súas propostas e
actividades ao público compostelán.​ Asi como ponentes destacados como: Julio Rodriguez, Manu Velasco, Proyecto Glirp, Kiko Cociña e Cris Neira ou Lucía Coutado.

D​álle Xogo nace coa idea de crear un punto de encontro onde os xogos de mesa sexan
unha forma de aprender, compartir e gozar xuntos. Queremos encher Santiago de partidas,
risas e experiencias compartidas, promovendo un lecer alternativo ás pantallas e
potenciando o xogo como espazo de conexión real e prevención de conductas adictivas,
neste ámbito conta co apoio institucional da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

O Festival Dálle Xogo busca fomentar a cultura do xogo de mesa como ferramenta de lecer,
aprendizaxe e integración, e aspira a consolidarse como unha cita anual de referencia en
Galicia. Todas as actividades serán​ gratuítas e estarán abertas ao público ata completar
aforo.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos