Evento: Palitroques

Palitroques
venres, 14 novembro, 2025 - 17:00 a 19:00
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Palitroques

A cargo de Víctor González García-Echave

Palitroques é un taller de arquitectura e xeometría aplicada, desenvolvido a partir dun recurso didáctico que se basea nun sistema construtivo de barras e unións para a montaxe de figuras e estruturas.

Xorde da necesidade de levar ás práctica materias tan teóricas e abstractas como a xeometría, as matemáticas e a física. Este recurso didáctico, desenvolvido a partir da arquitectura, axudaranos a comprender de forma fácil e entretida os fundamentos destas materias.

Desenvólvese de forma práctica como un obradoiro de arquitectura e xeometría aplicada. O obradoiro desenvólvese nun formato de xogo en equipo, no cal deberanse superar diversos retos nun tempo determinado, o mesmo que nunha Xincana Construtiva.

Para nenos/as de 6 a 12 anos

Duración: 60 minutos

Duas quendas (15 prazas por quenda)

  • Primeria quenda: ás 17:00
  • Segunda quenda: ás 18:00

No exterior e vestíbulo da biblioteca

Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Maker maxia
12 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiro de xogos de mesa na Sala Infantil
13 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Ex libris: estampa os teus libros
15 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal