Evento: 1982-1986: tradición e folclore

1982-1986: tradición e folclore
venres, 7 novembro, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

1982-1986: tradición e folclore

Espello Vídeo Cine, 1982-1986

Terceira das proxeccións dedicada á empresa Espello Vídeo Cine, que nos anos oitenta documentou infinidade de eventos acaecidos en Galicia durante esa década. Centrámonos nas nosas tradicións e folclore a través da recuperación de tres pezas representativas destes temas.

Espello dedicou toda unha serie de reportaxes a eventos relixiosos e festas populares en diversas vilas de Galicia, varias delas guionizadas polo escritor Manuel Rivas. É o caso da peza sobre o santuario da Virxe da Barca, en Muxía, que abre esta sesión.

Continúase con Bombos e bombeiros, escrita e dirixida polo investigador e divulgador da música tradicional galega Pablo Quintana, que versa sobre os bombos, característica do entroido da bisbarra do Val do Couso, aos pés da Serra da Queixa. Na curta móstrase a fabricación destes instrumentos de percusión e a técnica interpretativa dos bombeiros.

Péchase a proxección con rexistros de concertos do festival celta de Ortigueira en 1983. É este un bo exemplo da capacidade creativa do cámara Arximiro M. García e da coidada técnica de Manuel Abad na edición, ambos pezas fundamentais en Espello.

 

Pezas na proxección:

- A Virxe da Barca, 1982.

Bombos e bombeiros (1986).

- Festival Celta de Ortigueira, 1983.

 

Logo da proxección, haberá coloquio con César Muíño, director do festival de Ortigueira entre 1982 e 1989.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

El matrimonio de Maria Braun
19 de maio
Filmoteca de Galicia
Kontinental ’25
20 de maio
Filmoteca de Galicia
El matrimonio de Maria Braun
20 de maio
Filmoteca de Galicia