Evento: Construción e programación de robots

Construción e programación de robots
sábado, 15 novembro, 2025 - 11:00 a 13:45
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Construción e programación de robots

A cargo de Enxeñolabs by Dismedia

O obxectivo da actividade é familiarizar aos participantes coas disciplinas STEAM, en concreto coa robótica, na resolución de problemas e na execución de proxectos para nenas e nenos entre 6 e 12 anos, fomentando así o gusto e a curiosidade pola ciencia e a tecnoloxía. 

A actividade consistirá en construír e programar por bloques un robot, empregándose unha metodoloxía activa na que os/as participantes resolverán un reto empregando o material facilitado. 

Público infantil de 6 a 12 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

2 sesións:

11:00-12:20 h.

12:30-13:50 h.

Duración: 80 minutos por sesión

15 prazas por sesión

Inscrición previa a partir do 6 de novembro a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de chegada. As 15 primeiras persoas inscritas serán admitidas na primeira sesión; as 15 seguintes serán admitidas na segunda. 

No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade

 

Científicos por un día
8 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Vivir nas nubes
22 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Palitroques
29 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña