Evento: Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose
luns, 8 setembro, 2025 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Denantes mortos que sinxelos

Neste mes de setembro, o MAPOUR retoma o ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas para coñecer o noso patrimonio.

Nesta ocasión Carlos Tejerizo García será o relator de "Denantes mortos que sinxelos: aldeas e campesiñado na transición do mundo romano ao medieval na Galiza". Preséntanse varios contextos rurais altomedievais, algúns deles inéditos, co obxectivo de reflectir sobre o papel deste grupo social nun período da historia galega aínda moi escuro pero que pouco a pouco está a ser coñecido e revalorizado.

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

Carlos Tejerizo García é doutor en Historia pola UPV. Actualmente é investigador Ramón y Cajal na Universidade de Salamanca. A súa principal liña de investigación é a antropoloxía e a arqueoloxía das sociedades labregas na longa duración histórica.

O resto do programa do ciclo é o seguinte:

1 de setembro: "Brandomil romano, unha vila no solpor do Imperio", por Jesús Adelino Gorgoso López

15 de setembro: "Arqueoloxía da Alta Idade Media en Galicia: desmontando o mito dun período escuro", por José Carlos Sánchez Pardo

29 de setembro: "Arqueoloxía municipal en Ourense", por José María Eguileta Franco

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Portada da publicación da Peza do Mes de outubro do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Fotografía do arco neomudéxar en homenaxe ao Padre Feijoo
1 de outubro a 31 de outubro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación de "La Señorita Detective" e "Federico Mediante. O Salgari español"
30 de outubro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Ciclo de conferencias no Museo de Belas Artes da Coruña
A emigración galega en Cuba
30 de setembro a 28 de outubro
Museo de Belas Artes
BibliotecArte!: "A Liberdade guiando ao pobo"
26 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés