Evento: Obradoiro de colaxe para familias
Obradoiro de colaxe para familias
venres, 26 setembro, 2025 - 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña Obradoiro de colaxe para familias
A cargo de Héctor Francesch
Neste obradoiro traballaremos a técnica do colaxe empregando cartolinas de cores nas que debuxaremos ou transferiremos motivos, formas e iconas sinxelas baseados no pictograma.
Mediante as tesoiras e o cúter (coa axuda dun adulto) xogaremos coa composición para crear novas pezas cunha estética próxima á visión da rapazada.
Público infantil de 7 a 12 anos con persoa adulta acompañante
15 prazas
Duración: 2 horas
Inscrición previa a partir do 16 de setembro a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.
Ligazóns