Evento: Castelao

Castelao
venres, 19 setembro, 2025 - 18:00
Casa da Cultura do Milladoiro,
Ames
Un espectáculo a cargo de Culturactiva

Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e non contaba ata agora cunha proposta escénica para a infancia. A obra, dirixida por Fina Calleja, presenta un Castelao de 8 anos na súa vila natal, divertido, ledo e aventureiro, que busca interactuar coa audiencia en todo momento.

Culturactiva Producións propón unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida de Daniel cara a Arxentina. Da man de Baltasara, comezará un percorrido emocionante, condicionado pola urxencia e a inminencia da viaxe. Durante o espectáculo, protagonizado por Mónica Caamaño e Cris Collazo, Castelao debe resolver co seu enxeño e dialéctica os misterios da vila mariñeira.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O grúfalo
27 de outubro, 17:30
Auditorio da Casa da Cultura - Outes - A Coruña
#Influencers
29 de outubro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Cincuenta, solteira e sen guión
29 de outubro, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
molto barroco
Molto Barroco
30 de outubro, 19:00
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña