Evento: Consello de Galiza

Consello de Galiza
venres, 28 novembro, 2025 - 20:00
Sala Azul do edificio Arquivo,
Betanzos

Consello de Galiza

Entre as actividades do Ano Castelao, o FalaRedes inclúe o documental 'Consello de Galiza (goberno galego no exilio)', que irá seguido dun coloquio co seu director, Xan Leira.

O audiovisual, da produtora Memoria Documental da Galiza, céntrase na institución que lle dá título e na figura do seu presidente, o autor de Sempre en Galiza

O Consello de Galiza foi creado formalmente na cidade de Montevideo o 15 de novembro de 1944 e constituído, de facto, o 8 de decembro na cidade de Bos Aires coa participación dos deputados galegos Alfonso Castelao, Ramón Suárez Picallo, Antón Alonso Ríos e Elpidio Villaverde. O documental conta con testemuños de históricos galeguistas e republicanos coma Lois Tobío, Mariví Villaverde, Rosa Puente, Xaime Isla Couto, Francisco Fernández del Riego, Santiago Carrillo, Elixio Rodríguez ou Manuel Martínez Lamela, así como coa participación de diversas personalidades da vida política e cultural galega e estatal: Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao; Francisco López “Chesqui”, secretario xeral do Partido Galeguista; Iñaki Anasagasti, xornalista e dirixente do PNV; Xoán Antón Pérez Lema, avogado; Alfredo Erias, historiador;  Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia e Xesús Manuel Suárez, presidente do Partido Galeguista. Por último, e para contextualizar o relato histórico, o documental refírese ao recoñecemento de Alfonso Castelao como "primeiro presidente do Consello de Galiza e precursor do noso autogoberno" celebrado no Parlamento de Galicia o 15 de novembro de 2024, coincidindo co 80 aniversario da constitución do Consello.

Outras datas
Descargas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

A nuestros amores
9 de outubro
Filmoteca de Galicia
Police
10 de outubro
Filmoteca de Galicia
Accelerated Under-Development
10 de outubro
Filmoteca de Galicia
1982: unha crónica cultural
11 de outubro
Filmoteca de Galicia