Evento: O que non se ve

O que non se ve
sábado, 7 novembro, 2026 - 19:30
Auditorio Municipal,
Marín
Espectáculo de danza a cargo de Et Suseia Danza

"O que non se ve" representa a través da danza a forza e a loita da muller na sociedade actual. Unha mestura de danza tradicional e comtemporánea, que pretende mostrar o que existe debaixo das vestimentas tradicionais e no interior das mulleres do noso país. Con esta obra, imos un paso máis alá (Et Suseia), para conxugar estilos moi diferentes, pero á vez con moito en común. Aportamos tamén unha nova sonoridade nas melodías que acompañan o espectáculo, e mergullándonos na percusión tradicional pero enfocándoa cara un aspecto máis actual. Tamén mudamos as letras das melodías, facendo letras propias, nas que amosamos o poder da muller na tradición oral.

Coreografías creadas por Erick Pegueros, Diego Landín e Gustavo Couto, mesturadas co son da música de tradición oral, onde se identifica a enerxía das mulleres do rural galego, nas melodías que grazas a elas chegaron ata nós.

Tomamos prestada unhas verbas de Castelao, por pensar que é o xeito máis apropiado de entender a nosa compañía: “Porque a verdadeira tradición non emana do pasado, nin está no presente, nin se albisca no porvir; non é serva do tempo. A tradición é a alma eterna de Galiza, que vive no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan. A tradición non é a Historia. A tradición é a eternidade"

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Maruxiña
Maruxiña
8 de novembro, 12:00
Sala Bahía - Foz - Lugo
Nube nube sol
8 de novembro, 17:30
Auditorio da Casa da Cultura - Outes - A Coruña
¡Que brisa, la risa!
8 de novembro, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
o_libro_da_selva
O libro da selva. O musical
8 de novembro, 18:00
Auditorio Pazo da Cultura - Pontevedra - Pontevedra