Evento: Obradoiro de composición RFG / RESIS.LAB IV

Obradoiro de composición RFG / RESIS.LAB IV
venres, 8 maio, 2026 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Obradoiro de composición RFG / RESIS.LAB IV

O Obradoiro de Composición RFG / RESIS.LAB forma parte da liña estratéxica da Real Filharmonía de Galicia para apoiar a creación contemporánea e impulsar o talento emerxente. Esta será a súa terceira edición, e...

Armando Merino, directorJosé Manuel López López, profesor de composición
O Obradoiro de Composición RFG / RESIS.LAB forma parte da liña estratéxica da Real Filharmonía de Galicia para apoiar a creación contemporánea e impulsar o talento emerxente. Esta será a súa terceira edición, e a segunda en colaboración co Festival RESIS. Durante unha semana, novos e novas compositoras traballan conxuntamente cunha orquestra profesional, baixo a dirección do director Armando Merino e coa orientación do compositor José Manuel López López.O proceso comezará en outubro cun chamamento internacional para a presentación de obras —o ano pasado recibíronse máis de 60!— das que se seleccionan 6 ou 7 para desenvolver no obradoiro, e que serán interpretadas nun concerto aberto ao público. Para unha orquestra, poucas cousas hai máis estimulantes que descubrir e traballar con novos talentos.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto de Pava dúo
23 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Concerto Schola Gregoriana Lucensis
24 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Robert Finley
24 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5