Evento: Variacións da historia

Variacións da historia
xoves, 4 xuño, 2026 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Variacións da historia

Concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia da temporada 25/26 titulada "Historias".  

Baldur Brönnimann, directorSantiago Cañón, violonchelo

  • Cometa: Encarga a Octavi Rumbau. Estrea absoluta
  • Alberto Evaristo Ginastera: Variacións concertantes, Op. 23
  • Antonín Dvo?ák: Concerto para violonchelo e orquestra en Si menor, Op. 104

CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann e Santiago CañónSala Mozart, 19:45 h
A temporada chega ao seu fin coa Cometa de Octavi Rumbau, que ilumina as Variacións Concertantes de Alberto Ginastera, escritas por este compositor apaixonado polo folclore e pola vangarda, en pleno conflito co goberno de Perón. Estreadas en 1953, as Variacións subliman a música popular arxentina. Ese mesmo amor polo folclore habita no checo Antonín Dvo?ák, como se revela no seu Concerto para violonchelo e orquestra, composto en Nova York durante a súa etapa como director do Conservatorio Nacional. Na obra latexa a súa relixiosidade e a súa fe na humanidade. O concerto comparte co Stabat Mater, composto tras a perda dos seus tres primeiros fillos, un mesmo alento, no que a dor tráxica dá paso á esperanza. Non cabe mellor final para esta temporada que tantas historias nos ten ofrecido.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto de Pava dúo
23 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Concerto Schola Gregoriana Lucensis
24 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Robert Finley
24 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5