Evento: Animalia

Animalia
sábado, 18 abril, 2026 - 18:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Animalia

Concerto familiar da Real Filharmonía de Galicia da temporada 25/26 titulada "Historias".  

Sofía Nereida, actriz e músicaAntónio Miguel Teixeira, actor e músicoJan Wierzba, director
Música de J. P . Rameau, A. Vivaldi, J. F. Haydn, G. Rossini, P. I. Chaikovski
Animalia é unha viaxe fantástica onde a música se atopa co mundo animal! Que historias nos contan os compositores? E que historias nos contan os gatos deses compositores?… Coas súas 7 vidas e moitas trasnadas, estes felinos especiais teñen historias sorprendentes para compartir! Entre saltos e miados, imos explorar como as notas da orquestra se mesturan coas aventuras felinas, e imos descubrir como cada melodía agocha segredos! Animalia é un espectáculo que presenta o mundo da orquestra e a creatividade dos grandes compositores, e que esperta a imaxinación e o gusto pola música, dun xeito divertido e accesible para os máis pequenos!
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

O Apalpador
30 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Circonove
30 de decembro
Casa da Cultura. CIGANÍ, con Antón Coucheiro
Circonove
31 de decembro
Casa da Cultura. Circanelo, con Alfredo Pérez Muiño
Ecoralia, a lambona ecolóxica
10 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal