Evento: Impresións nocturnas

Impresións nocturnas
xoves, 22 xaneiro, 2026 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Impresións nocturnas

Concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia da temporada 25/26 titulada "Historias".  

Johanna Malangré, directoraAlexandra Dariescu, piano

  • Cometa: Encarga a Lula Romero. Estrea absoluta
  • Maurice Ravel: Pavana para unha infanta difunta
  • Maurice Ravel: Concerto para piano en Sol maior
  • Mary Howe: Stars. Estrea en España
  • Gabriel Fauré:  Suite de Pelléas et Mélisande, Op. 80

Despois da Cometa de Lula Romero, celebramos o 150 aniversario de Ravel con dúas obras. A primeira, Pavana para unha infanta defunta, alude a unha imaxinaria corte española. Moi distinto é o Concerto para piano en Sol maior, influído pola viaxe de Ravel a Nova York e marcado desde o inicio —cun látego— polo espírito do jazz.
A estadounidense Mary Howe foi unha grande orquestradora, e compuxo boa parte da súa obra sinfónica na colonia artística de Nova Hampshire. Stars naceu tras longas noites contemplando o ceo desde o seu soportal; tamén nocturna é Pelléas et Mélisande, que fascinou a Schoenberg, Debussy e Sibelius. Fauré escribiu a música incidental para a obra teatral en 1898 e despois a suite. O que hoxe é o movemento máis célebre, a Sicilienne, foi un engadido.
CONVERSANDO CON… Johanna MalangréSala Mozart, 19:45 h
Coa participación do alumnado da EAEM
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Coro do Hospital de Lugo (HULA)
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Mares de historias
23 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
The Long Ryders + Tesouro
24 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5