Evento: Concertos nos barrios

Concertos nos barrios
xoves, 18 setembro, 2025 - 19:30
Rúa do Restollal,
Santiago de Compostela

Concertos nos barrios

*Os Concertos nos Barrios* son unha iniciativa da Real Filharmonía de Galicia coa que se busca achegar a música sinfónica a todos os recunchos de Santiago, levando a orquestra fóra do Auditorio para conectala d...

Os Concertos nos Barrios son unha iniciativa da Real Filharmonía de Galicia coa que se busca achegar a música sinfónica a todos os recunchos de Santiago, levando a orquestra fóra do Auditorio para conectala directamente coa cidadanía.
Nestes concertos preséntanse os contidos da nosa tempada, cun formato máis próximo e comentado polo propio director, Baldur Brönnimann. Con esta proposta, a orquestra quere rachar os muros invisibles que afastan a moitas persoas da música clásica e demostrar que esta forma de arte é de todas e para todas as persoas. Música, diálogo e proximidade convértense así en ferramentas para construír unha cidadanía máis cohesionada, aberta e culturalmente activa.
Baldur Brönnimann, director
PROGRAMA

  • Cometa: Encarga a Juan Durán. Estrea absoluta
  • Wolfgang Amadeus Mozart: Abertura de As vodas de Fígaro
  • Edward Elgar: Salut d’amour, Op. 12
  • Antonín Dvořák: Serenata en re menor, op. 44, B. 77 (1º e 2º mov.)
  • Louise Farrenc: Sinfonía nº 3 en sol menor, Op. 36 (1º mov.)
  • Wojciech Kilar: Orawa
  •  

 

Máis eventos de tipo Concerto

O rianxeiro
21 de xullo
Casa da Cultura
Wolfmother
21 de xullo
Rúa de Concepción Arenal, 5
Ecoralia a lambona ecolóxica
22 de xullo
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
A banda dos insectos
A Banda dos Insectos
22 de xullo
Sala Bahía