Evento: O estraño caso do dentista da rúa Brasov

O estraño caso do dentista da rúa Brasov
sábado, 12 xullo, 2025 - 20:00
Rúas da vila,
Cambados

O estraño caso do dentista da rúa Brasov

Espectáculo de teatro a cargo de Troula Animación

Espectáculo de nova creación, no formato de teatro itinerante e animación de rúa, ambientado na Europa do Leste de principios do Siglo XX.

Esta é a historia dun destista dos Cárpatos ambulante,  que percorre co seu carromato as vilas en busca de pacientes para a súa consulta;  a través de xiros inesperados da historia e utilizando diferentes técnicas ( clown , música en directo, maxia, títeres )  coñeceremos o seu curioso pasado, e descubriranos unha nova historia totalmente inesperada, cun final sorprendente.

Corría o ano 1913 cando naceu o noso  protagonista nunha pequena aldea dos Cárpatos. Era unha noite de inverno e un precioso neno nacía, pero non era un bebé normal, era o primeiro bebé do mundo con dentes. A partires daquel día todo sería diferente, o noso personaxe xa desde moi pequeno tiña unha curiosa fixación polos dentes.

Empezou a gatear na consulta do seu pai,  as  súas primeiras palabras foron, dente, endodoncia, empaste. Con só  tres anos cáeselle o seu primeiro dente. Aquela mesma noite meteu o seu dente debaixo da almofada agardando a chegada do Rato Pérez, a Fada dos dentes, ou cualquera outro ser máxico que pudiera realizar o seu soño, era a ilusión da súa vida, ver que regalo tería aquela noite,  el non ía durmir.

Pero algo inesperado cambiaríá o rumbo dos acontecementos....

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Canta, Buguina, Canta!
16 de xuño, 10:15
Escola Infantil - Ribadumia - Pontevedra
A maxia dos libros
16 de xuño, 11:30
Centro de Día - Miño - A Coruña
A volta a Galicia en 313 concellos
19 de xuño, 19:00
Praza do Concello - Palas de Rei - Lugo
Circo de lume
23 de xuño, 23:00
Campo da Torre - Caldas de Reis - Pontevedra