Evento: Recomendacións do club de lectura de cómic
Recomendacións do club de lectura de cómic
martes, 1 xullo, 2025 a domingo, 31 agosto, 2025
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense Recomendacións do club de lectura de cómic
Mostra bibliográfica
Agora que rematou o curso de actividades da biblioteca, preguntamos ós integrantes do club de lectura de cómic cales foron as súas lecturas favoritas durante este ano. Coas súas respostas argallamos unha mostra chea de obras moi diferentes entre sí que estará dispoñible todo xullo e agosto. Non deixedes de ler as palabras que acompañan a cada cómic, pensadas para animarvos a lelos. Agardamos que vos gusten tanto como ó noso grupo.
Se queredes saber máis sobre as lecturas do club de lectura de cómic, poderes acceder ó noso dossier do curso 2024-2025 en Calameo, así como á nosa lista pública do club en Whakoom.
E se vos interesa ler cómic, apuntádevos en setembro ó club que aínda hai prazas libres.