Evento: Ghrelo power

Ghrelo power
venres, 15 agosto, 2025 - 12:00
Alameda,
Ordes

Ghrelo power

Espectáculo de música a cargo de Fanfarria Brassica Rapa

Brassica Rapa é un grupo de música popular nacido a finais do 2017 buscando darlle unha volta ao concepto de charanga. Formado íntegramente por mulleres, tocando instrumentos de vento metal e percusión crean unha atmosfera alegre coa súa música, de repertorio coñecido e fresco, coa que a festa está asegurada. Dúas trompetas, dous trombóns, un saxo alto, unha tuba, unha caixa e un bombo compoñen o seu persoal, que pretende reivindicar a presencia da muller neste tipo de agrupacións a través da troula.

Brassica Rapa ofrecen un espectáculo variado que mestura música instrumental e vogal coa multipercusión. O seu repertorio vai de grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando por temas máis jazz, música actual reivindicativa ou bandas sonoras de películas. Buscan sobre todo influencias das “brass band” neoiorquinas, pero tamén das “big bands” ou das charangas tradicionais. As compoñentes veñen de distintos percorridos dentro do mundo da música, e de agrupacións coma Liska!, Banda Xangai, Timparrantela ou Biribirlocke.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

A corva
30 de xullo, 11:00
Instalacións culturais e deportivas do Conco - Dumbría - A Coruña
antuan de la cream
Antúan de la Cream 
30 de xullo, 12:00
Alameda do Concello - Catoira - Pontevedra
Hamelin
30 de xullo, 17:00
Toural - Vilar de Barrio - Ourense
Mago Teto: O Camiño do Afiador
30 de xullo, 18:00
Campo da Feira - Carral - A Coruña