Evento: O camiño do afiador

O camiño do afiador
sábado, 26 xullo, 2025 - 20:00
Praza do Cruceiro de Olveiroa,
Dumbría

O camiño do afiador

Espectáculo de maxia a cargo de Mago Teto

Un espectáculo contado a través do Camiño, dos Camiños de Santiago polos que os afiadores saían de Galicia para afiar e espallar a cultura galega polo mundo.

Un espectáculo que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta, nun show que nos amosa como os afiadores percorrían as rutas dos Camiños de Santiago nun continúo ida e volta e coas máis sorprendentes historias..

O afiador desprazábase centos ou milleiros de quilómetros coa única compaña da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena coa axuda do ilusionismo.

Para os efectos de maxia deste espectáculo empréganse elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas e paraugas, nun show que pode representarse tanto en interior coma en exterior.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Caderno de cores e cancións
22 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cartel Monólogo Padre de Familia
PADRE DE FAMILIA. COSAS DE CASA
22 de novembro
TEATRO COMPOSTELA (ANTIGO LA SALLE)
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés